Alexandre de Fisterra revive en Rábade

Alexandre de Fisterra revive en Rábade

06 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A XII edición do Gran Máster Nacional de Futbolín de Rábade xa está en marcha. Os amantes deste xogo, inventado polo galego Alexandre de Fisterra, poderán demostrar a súa habilidade nun dos certames con mais sona de España. O xoves é o día elixido para que comecen, no municipio chairego, as modalidades de Infantil, Feminino, Parado, En Movemento e Combinado. As inscrici&oa

O xoves 9 iniciaranse as partidas na modalidade infantil contra as 16.30 horas da tarde. Tras o acto de inauguración oficial, ás 20.00 horas do serán, será a quenda da Combinada, modalidade na que os xogadores non poden parar a bola pero si efectuar pases entre os bonecos do futbolín. Este tipo é unha combinación da variedade de Parado e de En Movemento.

O torneo de Parado dará comezo o venres 10 ás 17.00 horas. Os participantes terán total liberdade para facer o que queiran co “esférico”, xa que poden pasar a bola ou incluso retela. Unha hora mais tarde, ás 18.00 horas, serán as féminas as que amosen a súa calidade no torneo.

Xa o sábado será a modalidade de En Movemento, é dicir, que non se pode parar, xa que a bola debe estar sempre en constante movemento, a que tome o relevo desde as 10 da mañá. Pola noite será o momento da verdade, onde as estrelas deste xogo busquen confirmar a súa calidade ou esperar a un novo torneo onde buscar rébancha. Ás 21.00 horas terán lugar as finais e contra as 23.00 horas a entrega de premios.

Mais de 4.300 euros se repartirán durante a Semana Santa nas diferentes sedes do torneo: o IES Río Miño e as cafeterías Papyrus, Brétema, Rubinós, Coyote e Beethoven. Os gañadores da categoría En Movemento obterán 1.000 euros, mentres que os segundos, gañarán 500, os terceiros, 300 e o 4º, 200. Entre o 5º e o 8º obterán un botín de 100 euros. A modalidade Parado repartirá 800 euros para os gañadores e 500 para os segundos, mentres que a Combinada dará 300 para os primeiros e 200 para os segundos. As mellores mulleres conseguirán 300 euros, e 200 serán para as segundas, mentres que en Infantil, o ouro traerá un premio de 150 euros en material deportivo, cincuenta mais que para os segundos.

Para apuntarse ou obter mais formación pódese chamar ao 626 54 25 51 ou visitar as páxinas www.mundofutbolin.com e www.futbolingalicia.com.

Deportes