Alfonso Guerra clausura en Ferrol o Congreso sobre Pablo Iglesias

Alfonso Guerra clausura en Ferrol o Congreso sobre Pablo Iglesias

24 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde, Vicente Irisarri, inaugurou esta mañán o Congreso “Pablo Iglesias en su tiempo. Cien años de socialismo parlamentario”. Un foro de debate e reflexión sobre Pablo Iglesias e o seu tempo. Celebrase no Campus de Esteiro e a el asistía o Rector da Universidade da Coruña, José Mª Barja e o Director da Fundación Pablo Iglesias, Salvador Clota. Encargóuse esta último de impartir a conferencia inaugural ás

Unha conferencia da profesora Carmen Fernandez Casanova abrirá a sesión da tarde falando da vida e do traballo no Ferrol do século XIX. Ás 7 da tarde está prevista unha visita guiada á cidade. O congreso continua o xoves e venres. A profesora Angeles Barrio da Universidade de Cantabria; Mary Nash da Universidade de Barcelona e o profesor da Universidade de Oviedo, Jorge Uría, intervirán ao longo da mañá con ponencias que relatan a vida das mulleres, dos obreiros e da infancia no tempo de Pablo Iglesias. Unha visita ao Arsenal completará a segunda xornada. 

Alfonso Guerra, en calidade de Presidente da Fundación Pablo Iglesias, pechará o congreso o venres ás 19.30 horas.

Sociedade