Algúns riscos da Intelixencia Artificial

Algúns riscos da Intelixencia Artificial
17 de Agosto, 2026 - 12:38 h. | Publicada por Radio Fene

O psicólogo José Barcia Tuccelli advirte en Radio Fene que a intelixencia artificial (IA) xera riscos psicolóxicos graves, incluindo a soidade por antropomorfización. Colle forma humana e pode chegar a sustituir amizades. Tamén hai risco de perda de autonomía na toma de decisións e a comparación permanente con avatares ideais. Barcia destaca a formación de "cámaras de eco" nas redes, onde a IA reforza pensamentos rumiativos e reduce a flexibilidade cognitiva ao complacer constantemente a persoa usuaria.

 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con José Barcia Tuccelli sobre Intelixencia Artificial:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/110826BARCIA.mp3

Kate Crawford (Atlas de Intelixencia Artificial) denuncia a lóxica do sector tecnolóxico, a crenza inquebrantable de que calquera cousa pode ser un dato e de que os datos están aí para que os tome quen queira. Termos como minaría de datos e frases como «os datos son o novo petróleo» forman parte dun movemento retórico que desprazou a noción que se tiña de os datos como algo persoal, íntimo, suxeito á propiedade e ao control individual cara a algo máis inerte e non humano. A IA non é unha técnica computacional neutral que tome determinacións sen unha dirección humana. Non podemos asumir a tecnoloxía como un ben supremo e que todo o demais teña que adaptarse a ela. Podemos reverter esa polaridade e comezar co compromiso por un mundo máis xusto e sostible.

 

 

Fotografía Xan Xe

Imaxe de Rogelio Arias, un músico e actor, defensor da intelixencia natural

Sociedade

Publica o teu comentario agora