Algo que celebrar

Algo que celebrar
17 de Febreiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

“Debeu ser o recital de Paco sobre Rosalía. E tamén as cartas de Paloma e de Ana, que me estimularon de mala maneira, como drogas duras directas á vena”. Gustavo Gallego ten algo que celebrar.

ESCOITA O PODCAST:

A ilusión volve a formar parte da vida de Gustavo Gallego, tal e como podemos comprobar nos cinco capítulos de Lobos Doentes que Radiofusión emite este venres. O policía Sánchez Pereiro xa non terá que acompañalo a todas horas pero antes de deixarlle máis liberdade ao seu amigo mércalle un portátil. Este agasallo marca o inicio dunha nova etapa. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

Na imaxe, Antonio Tizón, intérprete de Gustavo Gallego.

Fotografía Xan Xe.

Cultura

Publica o teu comentario agora