ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Ares, Perlío, Cabanas ou Esmelle son alguns dos lugares da comarca onde acudir na noite do mércores para pasar o San Xoan máis luminosos e gorentoso da volta. As sardiñas e o churrasco convértense no complemento perfecto ao lume que arderá nas cacharelas e lumeiradas da noite máxica. Estas son só algunhas citas de interese na comarca pero hai moitísimas máis.
O Concello de Ares, organiza un ano máis a tradicional sardiñada de San Xoán, que se desenvolverá o mércores no parque municipal Rosalía de Castro a partires das sete da tarde. Inclúe a degustación de sardiñas, pan, bebida e queimada ao prezo popular de tres euros.
A Asociación Veciñal de Perlío organiza para o vindeiro mércores a súa tradicional churrascada de San Xoan. Xa van para cinco anos nos que a entidade celebra a chegada do verán con gorentosas racións de churrasco. O dúo formado por Suso Villa e Bea, amenizará a velada na praza da escola de Perlío. Repartiránse unhas 400 racións de churrasco. As racións incluirán churrasco, chourizo, pan, viño e xeado. A Asociación Veciñal sorteará ademais 2 xamóns e 6 botellas de viño entre os asistentes. As rifas repártense esta semana nos establecementos de hostelería que colaboran co feirón.
O Pote de Maniños tamén escolle a noite do San Xoan para celebrar a sua sardiñada. Dende as 9, repartiranse sardiñas con cachelos, pan de millo e de trigo, viño e bola, diante das instalacions da entidade. Uns 100 kilos encargaron no pote para a noite de San Xoan.
O San Xoan celébrase en Esmelle con festas porque é o patrono. Celébrano o 23 e 24,o mercores e o xoves. Ás 12 da noite do 23 acenderase a lumeirada mentras que amenizará a verbena a orquestra Solara. O xoves continua coa misa polo patrono e de novo verbena cona orquestra Principal.
O areal de Cabanas, o Cabazo reparte tamén sardiñas ou churrasco na noite de San Xoan.