Alimentos sen IVE

Alimentos sen IVE
03 de Xaneiro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Co novo ano entrou en vigor a supresión do IVE aos alimentos básicos da cesta da compra. Pan, leite, aceite froitas e verduras son algo máis baratos. Baixaron o prezo pero “non é moita a diferenza”, explica Emilio Cortés, da froitería A’Lela en Radio Fene. A maioría da clientela está informada da eliminación do IVE aos alimentos de primeira necesidade, que antes estaban gravados co 4% 

ESCOITA O PODCAST:

“Para este ano preveo que teño que abrir todos os dias”, dí entre bromas o titular do establecemento. O 2022 resúmese en poucas palabras. “Que caro está todo”, foi a frase do ano. A  suba de prezos dos últimos meses, debida á carestía dos transportes e a factores como a seca, notouse especialmente nalgúns alimentos. “O brócoli tivo unha suba puntual, pero moi elevada, agora normalizouse, e tamén a faba”. Na froitería A’Lela manteñen a unha clientela fiel. E apreciaron cambios nas compras de fin de ano. Esta vez, case todos os seus clientes preferiron uvas sen semente e moita xente agardou ao último día para mercalas.





 

Sociedade

Publica o teu comentario agora