Allariz acolle aos futuros embaixadores do sentir galego

Allariz acolle aos futuros embaixadores do sentir galego

22 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Madrid, Cáceres, Valladolid ou Polonia son algúns dos lugares de orixe dos 24 alumnos que están a participar no IV Curso de verán de Lingua e Cultura Galegas, organizado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e que se desenvolverá ata o 26 de xullo en Allariz. O programa, dirixido a

A través deste curso o alumnado, repartido en dous niveis, poderá aprender e perfeccionar o galego mediante clases teórico-prácticas centradas na lingua e a literatura, con exercicios de gramática. Tamén se porán en marcha actividades culturais, así como viaxes, visitas e excursións a algúns dos lugares máis representativos de Galicia.

Literatura, música, historia, sociolingüística e cine son algúns dos temas que centran as actividades propostas no curso, nas que o alumnado poderá coñecer de preto as tradicións e os costumes da cultura do país. Por exemplo, en canto á música, poranse en marcha un obradoiro de música tradicional da man de Ultreia, participará o cantautor Leo de Matamá e o organizarase un concerto da Orquestra Nacional do Batallón.

Sociedade