ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Allariz, a través da área de Benestar Social, desenvolverá entre os días 10 e 30 de novembro as Xornadas contra a Violencia de Xénero. O Fogar do Maior acollerá durante 20 días a programación adicada a sensibilizar á poboación contra a violencia de xénero con obradoiros, charlas, teat
Obradoiros para mulleres como “Hábitos de vida saudable” ou “Musicoterapia”, e tamén para homes “para entendernos mellor...habilidades sociais e novas masculinidades” sucederanse entre os días 18 e 20 de novembro no Fogar dos Maiores.
O mércores 25, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller procederase, na Praza Maior, á lectura dun manifesto en contra da violencia machista. Asimesmo, Irene Álvarez Del Real ofrecerá unha charla obradoiro “O que e o por que da violencia de xénero”
O día 27 as Xornadas trasladarase á Casa de Cultura onde os espectadores asistirán á representación teatral da obra “Os soños de Walla” que versará sobre o dereito á educación, loita contra a discriminación e a pobreza.
Para pechar esta programación adicada á erradicación da violencia de xénero, o día 30 ás 19.30h presentarase o II Plan de Igualdade para o Concello de Allariz.
Para participar nalgún dos obradoiros é preciso inscribirse no Fogar dos Maiores no teléfono do Fogar dos Maiores 988 55 40 59 ou no correo electrónico igualdade@allariz.com.