Allariz celebra esta fin de semana a súa Feira de Outono

Allariz celebra esta fin de semana a súa Feira de Outono

06 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Esta fin de semana, os días 7 e 8 de novembro, Allariz acollerá a XIV edición da Feira de Outono de Allariz. A promoción, potenciación e valorización dos produtos de outono, setas, mel ou castañas entre outros, son os obxectivos desta iniciativa do Concello de Allariz que perdura durante catorce anos. A programación incorpora, como cada ano, pavill&oa

Xunto coa feira organízanse actividades paralelas relacionadas co Outono. Mantense, como cada ano, a exposición micolóxica e etnográfica na Praza de Abastos, na que colabora, unha vez máis, o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. O serán de contos, todo un clásico na feira, acollerá un encontro cun artista da palabra e a música, Manolo Panforreteiro

Ademais das actividades xa consolidadas ano tras ano, a programación desta edición ofrece novidades curiosas para que participen os veciños e tamén os visitantes.

A Asociación ANDREA, organiza para o sábado e domingo varios obradoiros para nenos e nenas que poderán cociñar, facer manualidades, coñecer árbores autóctonas e mesmo fiar lá das ovellas do Rexo.

Existe unha programación lúdico- gastronómica durante esta fin de semana, en colaboración coa Asociación de Hostalería de Allariz. Varios establecementos hostaleiros ofrecerán menús e tapas especiais con produtos de outono.

A Feira do Outono constitúe un atractivo turístico que enche ás rúas de Allariz durante esta fin de semana “Esto é o que ten motivado que se teñan feito programacións lúdicas que acompañan esta fin de semana” apuntaba Cristina Cid, concelleira de promoción económica.

Sociedade