Allariz celebra o Día Internacional da Infancia con obradoiros para os nenos

Allariz celebra o Día Internacional da Infancia con obradoiros para os nenos

16 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O programa de Educación Familiar do Concello de Allariz en colaboración co colexio Padre Feijóo e coa Fundación Meniños organizan para os días 17 e 20 de novembro, Día Internacional da Infancia. varios obradoiros para nenos e nenas e tamén para adultos. Mañá celebrarase no colexio Padre Feijóo o obradoiro “Eu poño a nota de cor

O vindeiro venres día 20, Día Internacional da Infancia, o Colexio Padre Feijóo acollerá, en horario escolar, a exposición dos traballos realizados polos nenos e nenas que tamén lerán un manifesto en favor dos seus dereitos.

Sociedade