Allariz inicia un proxecto pioneiro de reciclaxe

Allariz inicia un proxecto pioneiro de reciclaxe

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os traballadores da asociación “Puzzle” de Allariz, adicada á inserción de persoas discapacitadas, van traballar ó longo de todo este mes nunha experiencia pioneira en Galiza. Este colectivo realizará unha recolla selectiva de papel e cartón, porta a porta, nos establecementos comerciais da vila para despois depositalos nun punto limpo en lugar de  utilizar os contenedores de uso domiciliario.

A campaña, primeira deste tipo que se realiza na nosa comunidade, é unha iniciativa da  concellería de medio ambiente do Concello de Allariz que conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes e da Asociación “Puzzle” de inserción laboral. A raiz da grande dinamización económica que experimentou o concello dos últimos anos, co establecemento de múltiples locales comercias, e a constante implicación municipal co medio ambiente xurdiu a necesidade de buscar unha solución o problema da recolla de lixo que xera a actividade comercial.

Os operarios que farán esta recolla selectiva de papel e cartón están xa formados, a través dun curso, como operarios de medio ambiente. Inicialmente faran a recolecta duas ou tres veces por semana, en horario comercial, para logo ampliala ou reducila en función das necesidades que se vexan. Todo ese papel será logo reciclado.

O proxecto está a suscitar grande interese entre os comerciantes da vila xa que entenden será beneficioso para manter unha boa imaxe, tanto para residentes como para os turistas.

Sociedade