Allariz organiza cursos de formación en novas tecnoloxías con inscrición gratuíta

Allariz organiza cursos de formación en novas tecnoloxías con inscrición gratuíta

17 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Departamento de novas tecnoloxías do Concello de Allariz ten programado para este mes de marzo a organización e realización de acividades de formación no emprego das novas tecnoloxías, que incluirá o manexo do correo electrónico e a creación dunha conta de balde co dominio allariz.com.

A dinamizadora do Concello alaricano e persoa engargada de dar os cursos, Patricia Blanco, destaca que haberá diversos grupos con posibilidades de escoller horarios e que, ademais dunha formación básica en internet e correo electrónico, tratarase o tema da administración electrónica e o uso do certificado dixital.

A inscrición nestas actividades é de balde e poden obter máis información no Departamento de Novas Tecnoloxías do Concello de Allariz.

Sociedade