Allariz prepárase para Festa do Boi

Allariz prepárase para Festa do Boi

07 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Asociación Cultural Xan de Arzúa e o Concello de Allariz veñen de presentar a Festa do Boi 2010. Unha celebración que conta cunha gran participación veciñal e que logra transformar por uns días a vila de Allariz. Do 29 de maio ao 6 de xuño poderanse gozar de diferentes actividades pensadas para todas as

Ao día seguinte, despois da troula nocturna, os veciños e veciñas de Allariz representan, ataviados con traxes medievais, de xeito divertido, a procesión do Xan de Arzúa, dende a Praza do Eiró deica ao Campo da Barreira.

A partir do luns sucederanse numerosas carreiras do boi. O luns e o mércores serán os días dos nenos e nenas, nos que poderán gozar das súas propias carreiras e de xogos e inchables no Pavillón Municipal.

O xoves pola noite ten lugar a tradicional Cea no Campo da Barreira, onde os veciños e veciñas comparten unha agradable cea amenizada por gaiteiros.

Durante o venres, sábado e domingo a festa continúa cunha grande afluencia de público. A actividade máis salientable é o Maratón do Boi, que se celebra o domingo ás 19:30, carreira na que os catro bois percorren as rúas de Allariz.

Sociedade