ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante! Pero ás veces as cousas non son o que parecen. Ás veces os tesouros teñen catro patas. E só as bolboretas voan o suficientemente alto para atopalos.
Xerais publica o novo libro de Andrea Maceiras "Alma de elefante" con ilustracións de Jordi Solano. Un volume dirixido a rapazada maior de dez anos. Obtivo o XIX Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora