Alma docente

Alma docente
12 de Setembro, 2022 - 09:51 h. | Publicada por Radio Fene

Con alma docente presentouse o Cultural Maniños no partido inaugural da  Liga da Primeira Galicia de fútbol. Fronte ao Numancia de Ares, Juanito Amigo quixo volver bailar a muiñeira, aínda que ao comezo lle faltase punta e lle sobrara tacón. No minuto 74 entrou no campo e demostrou a súa bondade asasina que sempre atragoaba ás defensas e espantaba aos porteiros.”Para nós é un luxo contar con el e nos pode axudar moito. Ten ascendencia sobre o vestiario pero el pide que se lle trate como aos demais e así o faremos” apunta o adestrador Pablo Mesa.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

O adestrador Pablo Mesa fala do partido

http://173.255.131.18/audio/120922MESA.mp3

David Vidal meteu os tres goles do partido

Maniños  3- 1 Numancia de Ares. Con vitoria estreouse o equipo do Pote na competición. David Vidal “Davicín” marcou os tres goles do equipo local. “É un rapaz que vai moi ben nas estratexias e le moi ben onde pode caer o balón, estamos moi contentos co seu traballo” sinala o técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora