ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, mostrouse "partidario" dos recursos anunciados por Euskadi e Cataluña contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce), unha norma que en conxunto non lle gusta "nada". "Hai que situarse ante calquera disposición, veña de onde veña, que nós entendamos que merma os dereitos da lingua galega", considerou no transcurso dunha visita ao Parlamento de
Neste sentido e se "as instancias políticas, que son as que teñen que situarse" como sucede en Cataluña ou País Vasco, "non se sitúan", Alonso Montero manifestou que para facer o que cómpre que faga a Xunta en Galicia hai colectivos "como pode ser A Mesa" e a propia Real Academia Galega, que teñen que erguerse para defender a lingua galega. Segundo o presidente da Academia, Xunta debe emprender unha política lingüística, "apróbese ou non a reforma de Wert", que permita que os cidadáns teñan p galego "como lingua de instalación”.
As declaracións de Alonso Montero producíronse durante a presentación do proxecto conxunto da Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia que preparan unha mostra, que podería chegar a ter carácter itinerante, sobre a historia do Día das Letras Galegas e sobre os 51 escritores homenaxeados no 17 de maio. A exposición terá como base as medallas, obra do debuxante Siro López e do escultor Manuel Ferreiro, de cada un dos escritores a quen se dedicou o 17 de Maio coas que conta a Cámara.