Alternativa Galega segue aberta, afirma Beiras

Alternativa Galega segue aberta, afirma Beiras

08 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O portavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras, asegurou que "non hai absolutamente ningún acordo" sobre as listas electorais de 'Alternativa Galega' --a coalición de Anova e EU-- xa que "a porta está aberta" para que se incorporen outros grupos políticos que coincidan nos puntos básicos".  Desta maneira pronunciouse o histórico nacionalista nunha rolda de prensa celebrada este sábado co obxectivo de informar sobre a

   Neste escenario, Beiras considerou a materialización desta coalición como "un logro enormemente positivo para a maioría social agredida polos gobernos tanto central como da Xunta" e que serve para "non contribuír a través da fragmentación política" a que poidan "renovar a maioría" os "responsables dunha barbaridade de demolicións efectuadas desde San Caetano"

   Con todo, lamentou que o acordo "non aglutine na súa plena dimensión" a proposta de Anova xa que, como indicou, para que "fose completa tería que estar o BNG e Compromiso por Galicia".

Sociedade