Alternativas aos plásticos dun uso

Alternativas aos plásticos dun uso
22 de Outubro, 2020 - 01:20 h. | Publicada por Radio Fene

Margarita Rodríguez de 4Eco Narón explica as vantaxes que ten desfacerse deste tipo de plásticos e cales son as suas alternativas.

ESCOITA O PODCAST:
Margarita Rodríguez de 4 Eco Narón

A Unión Europea prohibiu os plasticos dun solo uso en marzo de 2019. Esta medida entra en vigor en xaneiro do vindeiro 2021. Quedan menos de 3 meses para despedirnos, dunha vez por todas, dos bastoncillos de algodón, os vasos de plástico, pratos de usar e tirar, palliñas… Margarita Rodriguez rexenta 4 Eco Narón, unha tenda especializada no consumo sustentable.

Como ella explica, esta prohibición ten un gran impacto meioambiental. Os residuos dos “plásticos dun só uso” teñen un proceso de reciclaxe moi dificil ou non se poden reciclar. Algo tan sinxelo como levar a bolsa da compra da casa fai que non gastemos bolsas de plástico que tardan millóns de anos en desaparecer dos océanos ou da superficie da Terra. E da terra aos animais, xa que inxiren gran parte dos plásticos ao comer, o caso máis salientable é o dos peixes xa que o 80% dos microplasticos acaba no océano. Do mar o mero e da terra o cordero, isto acaba nos nosos platos, segundo Margarita Rodriguez.

Moitos pensarán que esto vai supoñer un gasto para as persoas familiarizadas con obxetos como as pallinas pero, nada máis lonxe do real. Hai packs de palliñas de silicona económicos. Non teñen data de caducidade, son lavables e reutilizables. Un pequeño investimento que pode salvar o planeta. Elementos comos os bastoncillos para os ouvidos pódense cambiar polos de bambú ou os films envolventes por tapas de silicona ou tela. Non se trata de acabar co plástico, se non de reducir aquel que é nocivo

Hai moitos pequenos actos que poden axudar a un gran mundo que está a pedir auxilio. A contaminación está a acabar cos montes, os mares, a fauna ou a flora. Rematar con isto está nas nosas mans, con actos tan sinxelos como levar da casa a bolsa da compra.

Sociedade

Publica o teu comentario agora