ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cando competimos temos que esforzarnos porque hai comparación, buscamos sobresaír. Cando falamos de alto rendemento trátase de optimizar os recursos que temos a nosa disposición. "Hai unha busca permanente de eficacia, de resultados", explica o psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli.
Motivación, activación, concentración e disposición a competir, son necesarios na preparación dos deportistas de alto rendemento, apunta Barcia Tuccelli. Tamén a confianza. “A desconfianza nun mesmo, compañeiros, adestradores e árbitros xera situacións criticas”, sinala. Na práctica do deporte de alto rendemento non abonda con ter dotes, ademais é necesaria actitude, aprender as ferramentas que lles dan os preparadores e ser quen de enfrontarse a outros que tamén teñen alto nivel.
Na imaxe, homenaxe a Chompi, da S.D. Barallobre. Verán 2024
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora