A altura que merece Andrés Dobarro

A altura que merece Andrés Dobarro
04 de Marzo, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Nunca acabaremos de elevar a figura de Andrés Dobarro á altura que se merece. A cantora Carolina Rubirosa interpretou de xeito maxistral pezas do autor de Corpiño xeitoso. O escritor Xavier Alcalá lembrou anécdotas da xuventude. Todo nos Concertos Ilustrados, organizados polo Ateneo Fernán Martís o pasado venres en Pontedeume. Un acto moi emotivo que agradou ás numerosas persoas asistentes.

Andrés Dobarro naceu en Ferrol en 1947. Logrou situar á súa canción "O tren" como número un de vendas en todo o estado en 1969, algo insólito para unha peza cantada en galego. Xavier Alcalá aludiu á súa sensibilidade para fusionar música popular co pop máis moderno. "O único rei de España considerado sabio falaba e compoñía en galego" indicaba Castelao.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora