ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un Nadal máis vistoso contando coa colaboración da veciñanza. Obxectivo dunha nova iniciativa que este ano estrea o Concello de Fene con motivo das próximas festas de Nadal. Ángeles Coira, a concelleira de Promoción Económica presentou en Radio Fene o I Concurso de Decoración de Nadal.
“Ano tras ano intentamos que as festas sexan máis chamativas e pouquiño a pouco imos incorporando cousas novas”, declarou a concelleira. Pretende fomentar as compras no comercio local e abrir vías á participación da veciñanza no Nadal de Fene. As bases do I Concurso de Decoración de Nadal do Concello de Fene establecen dúas modalidades. Unha para vivenda unifamiliar e outra de fachadas, balcóns ou xanelas. As decoracións deben contar con iluminación e estar instaladas do 21 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos inclusive. Non se poderán modificar ate o remate do Nadal. E para participar no certame haberá que inscribirse antes do 19 de decembro.
Publica o teu comentario agora