Alzhéimer, pandemia do século XXI

Alzhéimer, pandemia do século XXI
09 de Setembro, 2022 - 02:24 h. | Publicada por Radio Fene

Dous anos despois da pandemia da covid, a Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer, AFAL Ferrolterra retoma a Xuntanza solidaria, o sábado 24 de setembro, para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer, que se celebra o 21 de setembro.

ESCOITA O PODCAST:
Imaxe presidente de AFAL

Máis que recadar fondos, coa súa Xornada solidaria AFAL Ferrolterra quere darlle visibilidade á enfermidade de Alzéimer. Unha enfermidade cruel e descoñecida, a pandemia do século XXI. Resaltouno en Radio Fene o presidente de AFAL, Paco Pantín, que bota en falta máis implicación das administracións con esta enfermidade que non ten cura, só tratamentos para ralentizala. E para ralentizala é fundamental o seu diagnóstico, pero máis do 80% dos casos non están diagnosticados, segundo informou o presidente da entidade. 

Este ano, a Xuntanza solidaria consistirá nun xantar informal, amenizado con música, que terá lugar, a partir da una e media do mediodía na Facenda de Sinde, na parroquia naronesa do Val. O prezo é de 40 euros e as reservas fanse chamando á asociación ao 981 37 06 92, de nove da mañá a sete da tarde.

AFAL atende na comarca máis de 300 persoas, entre centros de día e programas cos distintos concellos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora