Amaño de camiños antes de que chova

O concello de Cabanas mellora os camiños de Batán e Os Bouces
17 de Setembro, 2020 - 01:09 h. | Publicada por Radio Fene

Remataron as obras de arranxo dos camiños do Batán e Os Bouces no concello de Cabanas.As actuacións fixéronse con cargo ao Plan de mellora dos camiños municipais de AGADER.

O Concello de Cabanas ven de concluír as obras de arranxo nos camiños do Batán, na parroquia de Porto, e Os Bouces, na de Salto. En ambas as dúas actuacións realizáronse traballos de limpeza e preparación das cunetas para a recollida da auga, aglomerado do firme e pintado de sinalización horizontal, destinadas as mellorar a seguridade de vehículos e viandantes. A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, valorou positivamente estas actuacións, que considera “necesarias e imprescindíbeis” dado o mal estado no que se atopaba o firme.

Os traballos realizáronse con cargo ao Plan marco de mellora dos camiños municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado con Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR).

 

(Na imaxe, o camiño de Os Bouces)

Institucional

Publica o teu comentario agora