Amancio Prada volve actuar en Fene o 20 de xullo

Amancio Prada volve actuar en Fene o 20 de xullo

05 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O musico galego- bercián, Amancio Prada, pechará este ano a semana previa ao 25 de xullo, os actos institucionais do Concello de Fene con motivo das celebracións do Dia de Galiza. Amancio Prada pechará esa semana cun concerto na praza do concello o 20 de xullo, ás 22.00h. Confirmóuno esta mañán a edil de Cultura, Rocío Bértoa. A última vez que Amancio Prada actuóu en Fene, fíxoo na igrexa parroquial de San Salvado

Non é esta a única sorpresa porque o ex alcalde de Fene, Xosé Mª Rivera, será o encargado de escribir e ler este ano a Declaración Institucional do Dia da patria no monumento erguido polo seu goberno hai 10 anos, no parque do río Cádavo. O coro infantil de Agarimo intrpretará este ano o himno galego. Ese acto será o 19 de xullo, xusto antes do Festival de Habaneiras na Praza do  concello. Aínda haberá máis sorpresas, como a Festa dos Avós o dia 18 dende as 9 da noite, con degustación de paella. A praza do concello será o marco de todolos actos que arrincan o martes 17 de xullo co espectáculo de maxia do "Mago Iago".

Sociedade