Amaromar, en Ferrol

Música e poesía
03 de Outubro, 2024 - 02:44 h. | Publicada por Radio Fene

“Amaromar” é o nome co que se deron a artista multidisciplinar Eugenia Sanmartín e a poeta Patricia Fernández. Colaboran nun proxecto poético-musical que ofrecerán este venres en Ferrol, na sala Sarao, do que falamos con Eugenia Sanmartín. 

ESCOITA O PODCAST:

“O mar é unha metáfora emocional, a aventura, o horizonte”, manifesta Eugenia Sanmartín. A polifacética artista fenesa e a poeta madrileña afincada en Monforte colaboran nun proxecto artístico que poderemos gozar mañá na Sala Sarao de Ferrol. “Creo que o mar está sempre inmerso na miña poética”, di Eugenia e “pode representarnos ás dúas que temos diferenzas, pero hai como unha corrente que nos fai sintonizar e divertirnos, nas nosas diferenzas e personalidades”. Dúas artistas que son quen de colaborar poñendo en pé un espectáculo musical e poético salvando o problema da distancia que separa Fene de Monforte.  Amaromar, Eugenia Sanmartin e Patricia Fernández, no espazo cultural Sarao de Ferrol, na estrada de Catabois 230. Con entrada libre. Este venres, ás oito da tarde.

Cultura

Publica o teu comentario agora