Amarrada a plataforma Tango FNLG

Amarrada a plataforma Tango FNLG
28 de Decembro, 2022 - 09:03 h. | Publicada por Radio Fene

A plataforma Tango FLNG xa se atopa amarrada en Navantia Fene. Efectuarase nestes dias unha avaliación do estado xeral da planta de licuefacción flotante. A compañía enerxética italiana Eni e o departamento de Reparacións definirán as actuacións necesarias, os prazos e o orzamento. 

Fotografía Xan Xe

Navantia tamén ultima nestes dias a transformación da plataforma canadense Terra Nova. Contase con que a finais de xaneiro a unidade da armadora Suncor Energy poida abandonar Ferrol.

 

Fotografía Xan Xe

Institucional

Publica o teu comentario agora