As ambulancias pararán o martes e o xoves da vindeira semana

As ambulancias pararán o martes e o xoves da vindeira semana

16 de Xuño, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A FGAMT-CIG anunciou a convocatoria de folga, para os días 21 e 23 de xuño, en Ambuibérica, empresa concesionaria do transporte sanitario do 061. Unha folga en demanda do cumprimento do convenio colectivo e para denunciar a falta de persoal, o exceso de horas, salarios por debaixo do que contempla o convenio e falta de limpeza e desinfección da uniformidade. O re

Pavón lembrou que Ambuibérica é hoxe a concesionaria con maior peso en Galicia no servizo de transporte urxente. Un peso que aínda se incrementará cando se faga pública a concesión dos servizos programados non urxentes. “Estaba previsto que se abrira onte o sobre, pero consideraron que se estaba politizando e decidiron adialo. Porén, Ambuibérica xa ten 18 ambulancias aparcadas en Santiago, así que estamos seguros de que será a concesionaria que gañe o concurso”, sinalou o representante da CIG. Para Pavón os incumprimentos do convenio por parte de Ambuibérica non teñen xustificación algunha. Entende que se hai empresas pequenas que poden cumprir, como Ambupadrón ou Casablanca, con máis razón o ten que facer unha empresa do tamaño desta.

Aínda así, considerou que era previsíbel este comportamento, xa que a cualificou como unha empresa coñecida polos seus sistemáticos incumprimentos dos dereitos laborais e pola súa actitude hostil fronte ás demandas das traballadoras e traballadores.

A este respecto sinalou que foi condenada a pagar 37 millóns de euros por non subrogar ao persoal en Castela-A Mancha; a unha multa de 300.000 euros, en Aragón, por facturar viaxes falsas, algunhas delas mesmo a persoas falecidas; que foi condenada en Cantabria por represión sindical e que tamén tivo problemas en Navarra e no País Vasco.

No caso das concesións que ten en Galicia, denunciou que Ambuibérica gañou os concursos porque “aquí fixeron rebaixa nos lotes aos que se presentaron e agora queren que paguen as traballadoras e  traballadores”. A isto engadiu que a empresa xa sabía que tiña que incluír entre os seus gastos o gasoil, o material funxíbel e os custos salariais e cuestionou que se intenten xustificar os incumprimentos en materia laboral, porque non dan os cartos.

Ademais denunciou que a maioría das novas contratacións que se están facendo son en prácticas, con salarios dun 60 ou 75% dos regulados en convenio. “Estanse precarizando as condicións laborais da xente e hai traballadores que facendo as mesmas xornadas que os outros cobran só 700 ou 800€. Nós non dicimos que non se fagan contratos en prácticas, pero si que se regulen e limiten”.

Con todos estes elementos diante, Inácio Pavón cuestionou que fora precisamente esta empresa a concesionaria pola que apostara a Xunta para articular o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galiza, aínda que considerou que non era casual que o dono de Ambuibérica fose un exalcalde do Partido Popular.

Pavón concluíu, por tanto, que efectivamente estamos diante dun problema político, porque a decisión de outorgarlle precisamente a Ambuibérica as concesións “emana de decisións políticas” das que responsabilizou á” consellaría de Sanidade, ao SERGAS e ao propio PP, que é o partido que sustenta esta administración”.

Sociedade