Ameixa no Pote

Ameixa no Pote
07 de Xullo, 2023 - 02:28 h. | Publicada por Radio Fene

Festa da ameixa no Campo do Pote este domingo, día 9. Ao rematar a procesión do Carme, en Maniños, comezará a cita gastronómica. Xabier Rodríguez, presidente da Asociación O Pote, deu detalles da Festa da Ameixa en Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

“Normalmente todos os anos temos moita asistencia, a ver se temos bo tempo porque se fai fóra da sociedade”, manifesta Xabier Rodríguez. Lembrou que a festa comezou grazas á xenerosidade das mariscadoras que doaban parte das súas capturas. Eran tempos nos que abundaba a ameixa, a protagonista do menú, que agora se cotiza ben. “Ameixa babosa, sempre a preparamos á mariñeira”. A ameixa é a protagonista do menú. Hai quen a consume alí e hai que encarga para levar á casa. En total contan repartir 400-500 racións. A festa comezará a partir das doce e media. Organiza a Asociación O Pote coa colaboración do Concello de Fene. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora