Ameixas acompañadas con música para esta fin de semana

Ameixas acompañadas con música para esta fin de semana

07 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade O Pote de Maniños será o escenario o próximo domingo, 12 de xullo, da XI Degustación de Ameixa da Ría. O encontro gastronómico comezará ás sete e media do serán no campo da festa da entidade e contará co acompañamento musical do grupo Machucambos del Eume.

A Festa da Ameixa da Sociedade O Pote naceu como unha maneira de apoiar aos mariscadores/as da cofradía de Barallobre nun momento de dificultades para o sector, como así o lembrou Gerardo Pérez Sas, presidente da Sociedade.
Na xuntanza do próximo domingo está garantido que se servirá ameixa da ría de Ferrol boa e de calidade. No caso de non poder conseguirse, anunciaríase por parte da entidade promotora da festa.
Ás sete e media do serán comezará o vindeiro domingo a XI Degustación da Ameixa da Ría.

Sociedade