Ameneiro e Vigo volven á competición en Polonia

Ameneiro e Vigo volven á competición en Polonia
07 de Setembro, 2023 - 08:12 h. | Publicada por Radio Fene

Fátima Ameneiro e Edgar Vigo volven á competición en Polonia. A vindeira fin de semana corren o Rallye Trophy en Katowice. Non puideron competir nas últimas cinco probas por falta de presuposto, e pasaron da segunda posición á cuarta. Na carreira polaca competirán co líder destacado, ,o checo Rene Donhal. É unha boa oportunidade para ascender posicións, aínda que  a competición se decidirá na última carreira. 

Edgar Vigo e Fátima Ameneiro en Polonia

Para esta proba Ameneiro e Vigo contarán de novo co Peugeot 208 Rally4, xestionado por GC Motorsport.

Deportes

Publica o teu comentario agora