Amiga dos gatos

Amiga dos gatos
07 de Xuño, 2023 - 02:24 h. | Publicada por Radio Fene

“Un día saes á rúa, ves un gato, dáche pena…”. Así comezou, fai dez anos, Pilar Villamarín coidar gatos que viven na rúa. Hoxe dedica tempo e cartos a mirar por eles. Pilar é unha voluntaria coidadora moi experimentada que actúa en Narón e Ferrol, seguindo o método CER, siglas que corresponden a captura-esterilización-retorno. Conversamos con ela en Radio Fene, no espazo Radio Animal

ESCOITA O PODCAST:

“A única técnica é a paciencia, hai que coñecer a túa colonia, se comen de día ou de noite”. Destaca a importancia de cazar en silencio. “Ás veces hai que camuflar a gaiola para que non se dean conta e poñerlle cousas olorosas”. De formación autodidacta. “Tes que saír a rúa e probar, cometer erros, eu sigo aprendendo agora, barrenas moito para cazalos”, explica. Alimenta arredor de corenta gatos nas colonias de Santa Icía, A Solaina, Albatros e os hortos de Caranza. Asume todos os gastos e censura a deixadez das administracións. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora