A amiga xudía de Casares

A amiga xudía de Casares
14 de Xuño, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"Eu a Cocteau tíñalle moito aprecio, pero rodar películas non acababa de gustarme. (...) O teatro era para min moito máis importante. No ano 51 entrei na Comédie Française, con moito ilusión, pero axiña me desencantei" afirma María Casares no podcast producido por Son Radiofusión. Na imaxe Rogelio Arias quen fai no podcast o papel de Santiago Casares Quiroga.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

A investigadora María Lopo, tras anos de pescuda, recupera neste 2022 coa publicación dun libro en Francia, a vida e a morte de Nina Reicyn, a amiga xudía de María Casares que achou durante a ocupación nazi acubillo no fogar parisiense que a actriz compartía coa súa nai, Gloria Pérez. María Casares significou todo en Francia e un case nada na súa terra, natal segundo asegura Alberte Ramos no seu artigo “Nina Reicyn, a erudita xudía que non puido salvar María Casares” publicado no número 505 de “Sermos Galiza”. 

Cultura

Publica o teu comentario agora