ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Amor e afecto mútuo en San Valentin. A orquestra Panamá band arrufará as festas deste barrio de Fene. Tocará o venres 13 de febreiro. América de Vigo actuará o sábado 14. A comisión de festas prepara ademais unha churrascada baixo carpa para o domingo 15 de febreiro. O xantar veciñal ao prezo de quince euros. Reservas o sábado 31 de xaneiro e domingo 1 de febreiro no baixo do bloque 6 ou tamén a través do correo afbsanvalentin@gmail.com O ano pasado serviron 180 menús e este ano queren chegar aos 250.

A comisión é xa o segundo ano que organiza os festexos. Son 12 membros e pensan xa en organizar o programa cando menos, un ano mais. San Valentin en Festas. Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de febreiro.
Carlos López e Rubén Fontenla, dous dos membros da comisión de festas de San Valentín, falaron en Radio Fene das actividades. Venres, sábado e domingo, faráse un espazo inclusivo nas atraccións, onde se baixará a música e a intensidade lumínica para que nenos e nenas con hipersensibilidade poidan tamén gozar das diversións de xeito tranquilo. O domingo a partir das cinco da tarde haberá festa da rapazada, con prezo reducido nas atraccións.
Publica o teu comentario agora