ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Se resta non é amor”. Avisa a artista fenesa Carme Romero que acaba de inaugurar a exposición “Serea de cores” na Galería da Casa do Concello de San Sadurniño. A mostra forma parte do programa de actos municipal do 8M.

Carme Romero é unha artista multidisciplinar comprometida. “A arte está para mover sentimentos, non so para facer algo bonito”, opina. Carme escribiu un romance que posteriormente serviu de inspiración para unha colección de ilustracións -en colaboración con Francisco Pérez Porto- e pezas de cerámica que compoñen a exposición “Serea de cores”. Inaugurouse o luns á tarde na Galería do Concello de San Sadurniño dentro do programa de actos do Día Internacional das Mulleres. Poderá visitarse ata o 28 de marzo e nesa mesma data está previsto que Carme dirixa un obradoiro de cerámicas tamén no concello de San Sadurniño.
Publica o teu comentario agora