ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nace un Club de Lectura na tenda Cáprica. Anunciouno en Radio Fene Juanma Sánchez que tamén nos deixou dúas recomendacións literarias.

O Club de Lectura de Cáprica botará andar neste mes de abril. As persoas que se sumen á iniciativa leran un libro cada mes e reuniranse semanalmente para comentalo. Haberá dous grupos. Un reunirase os martes pola mañá, entre as 11.30 e as 12.30 e outro os xoves de 17 a 18 horas. A tenda especializada en novela gráfica e xogos ábrese así ao mundo da literatura.
Recomendacións
A edición galega do libro de banda deseñada “O corpo de Cristo”, co que a coruñesa Bea Lema gañou o Premio Nacional do Cómic 2024 é a primeira recomendación que fixo esta semana Juanma Sánchez en Radio Fene. Tamén aconsella o libro “¿Por que tengo que ver esta película?”, unha escolla de películas recomendadas polo crítico Alejandro G. Calvo .
Publica o teu comentario agora