Amor polo Courel

Amor polo Courel
08 de Outubro, 2024 - 10:54 h. | Publicada por Radio Monforte

Laura e Jeyco enamoraronse do Courel. A tranquilidade e o agarimo da veciñanza afirman que lles aportaba calidade de vida. E dicimos aportaba, porque o lume arrasou con "Terriña Salvaxe" o proxecto de aloxamento e hostalería que puxeran en marcha na aldea da Cruz do Outeiro, en Quiroga. Agora piden axuda para volver empezar. 

 

 

ESCOITA O PODCAST:

Laura e Jeyco falan do seu soño no Courel: https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/081024MARTINEZ.mp3

O 26 de setembro o lume acabou coa súa vivenda, vehículo e con boa parte do seu proxecto de vida. Pero o incendio non rematou coa súa historia de amor. Para o sábado 26 de outubro organizan unha festa solidaria. A partir das 12h, sesión vermú, xantar popular e campionato de bolos no Patio da Tola, na aldea de Vieiros. A partir das seis da tarde, pancetada, foliada e música na A.C Casa da Manuela en Ferramulín. Pódese colaborar na campaña de Crowdfunding https://www.gofundme.com/f/incendio-en-terrina-salvaxe?utm_source=whatsapp&utm_medium=customer&utm_campaign=man_sharesheet_ft&attribution_id=sl:68f0f678-6412-4501-9b87-daa976a6f2b5.

Eles son de Valencia e ali tamén prendeu a chama da solidariedade: https://www.levante-emv.com/horta/2024/10/06/tragedia-incendio-acaba-sue...

Sociedade

Publica o teu comentario agora