Amosamos o colexio

Amosamos o colexio
23 de Febreiro, 2021 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O colexio Centieiras de Perlío oferta un dia de portas abertas na tarde do próximo venres dia 26 de febreiro pola tarde, para que novas familias coñezan o centro e como se traballa nel.

ESCOITA O PODCAST:

O colexio Centieiras de Perlío oferta un dia de portas abertas na tarde do próximo venres dia 26 de febreiro. Trátase de amosar a novos pais e nais como é centro e como traballan para que se decidan por enviar aos seus fillos e fillas o próximo curso escolar. O dia 1 de marzo ábrese o prazo de preinscripción nos colexios e os papás e mamás teñen que tomar unha decisión. “A xornada de portas abertas non pode ser como a do ano pasado cando nos metemos cos pais e nais nas aulas en plena xornada académica para ver como traballamos” afirma a directora de Centieiras, Iria González. Nesta ocasión a visita farase pola tarde en quendas de 16 a 16.30h e de 17 a 17.30h. e en grupos reducidos. Percorrerán o centro para coñecer o que se fai en cada espazo.

Iria González destaca o comedor inaugurado no curso actual; tamén que Centieiras é un centro ubicado no centro urbano pero rodeado de verde. As aulas de infantil están completamente renovadas e, a maiores, o colexio foi elixido con outros dous centros da comarca, para participar nun proxecto arquitectónico piloto que rematará en xuño cun anteproxecto redactado de como habería que reformar o centro para poñelo á altura dos tempos. O alumnado participará nun taller para a estimulación de ideas. Centieiras inaugurouse en 1980. En relación co proxecto educativo, a directora destaca do colexio de Perlío que estamos nun centro pequeno, cercano, familiar, integrador … Traballan na mellora do uso da biblioteca e en diferentes proxectos e espazos educativos.

Se se volvera a dar a situación de peche dos centros e o confinamento, xa non os collería de sorpresa. “Estaríamos máis preparados” afirma González quen engade que o profesorado está traballando o triplo, devívese polos seus alumnos e alumnas, e teñen a segunda aula virtual vixente. Neste momento Centieiras non rexistra ningún caso positivo. Pensando na matrícula do próximo curso, Iria González bota contas para conservar a ratio ideal.

 

(Na imaxe, Iria González)

Sociedade

Publica o teu comentario agora