ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A reforma da Lei de Saúde impulsada pola Xunta de Galicia xera un amplo malestar entre os profesionais do SERGAS. Esta modificación normativa reduce de once a sete as áreas de xestión sanitaria o que xenera reticencias en diferentes puntos. Para a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia esa reordenación "marxina á atención primaria". O Consello Galego de Médicos tampouco está de acordo con que se permita cubrir prazas por
"Os inspectores teñen unha formación específica, accederon á súa praza mediante unha oposición e as súas funcións están reguladas por lei. No texto, tal e como está redactado, outros profesionais poderían exercer como tales e non estamos de acordo", sinalan.
O terceiro punto en discordancia é o que se refire a a provisión de prazas e postos de traballo no sistema público de saúde. Segundo di o articulado, poderán facerse mediante "os procedementos de selección, promoción interna, mobilidade, reingreso ao servizo activo e libre designación". Os Colexios Médicos rexeitan que se poidan contratar profesionais sanitarios "a dedo" e esixe que se faga sempre baixo os requisitos de "igualdade, mérito e capacidade".
Con esta crítica coincide a Plataforma SOS sanidade Pública de Galicia que advirte que a nova Lei de Saúde incrementará "a discrecionalidade" nas contratacións, "a inequidad e a dependencia dos profesionais do Sergas".
Este colectivo considera "sospeitoso e inaceptable" que se presente o proxecto de reforma da Lei de Saúde no período estival. Non só non está de acordo coa reordenación das áreas de xestión que, na súa opinión, "marxinan á atención primaria", senón que advirten que o novo texto "legaliza a privatización do I+D+i sanitario" ao dotar de personalidade xurídica propia e autonomía de xestión aos organismos público-privados que xestionan a docencia e a investigación.