Ampla repercusión do incidente no Parlamento Galego

Ampla repercusión do incidente no Parlamento Galego

24 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Os principais xornais dixitais xa se fixeron eco nesta xornada do incidente acaecido esta mañá no Parlamento Galego. "Beiras indígnase" titula vilaweb.cat mentras que deia.com afirma "Beiras encárase con Feijóo e golpea o seu escano no Parlamento". La Vanguardia resume: Beiras golpea o escano de Feijoo, reclamando un pouco de decencia. El Mundo limítase a indicar: Beiras golpea o escano de Feijóo, mentras El Pais salienta

O suceso comezou cando o presidente da Xunta respondía a unha pregunta sobre a súa amizade co narcotraficante Marcial Dorado, do voceiro do BNG Francisco Jorquera, na sesión de control do goberno. Núñez Feijóo censurou ao representante do Bloque acusandoo de querer superar en radicalidade a Xosé Manuel Beiras. "Só lle falta a vostede sacar o zapato ou emocionarse ata chorar" indicou Núñez aludindo ao representante da Alternativa Galega de Esquerdas. Nese momento Beiras Torrado levantouse do seu escano e dirixiuse ao asento do presidente da Xunta reclamándolle decencia. Despois abandonou a sala por uns minutos de xeito voluntario.

Sociedade