Ampliación do Camiñante Descoñecido

Ampliación do Camiñante Descoñecido
02 de Xaneiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Monumento ao Camiñante Descoñecido ampliarase ao longo de 2025. Mulleres escritoras terán bancos adicados en distintos puntos do término municipal. 

Fotografia Xan Xe

Sara Plaza naceu en Madrid. Reside en Lugo desde 2019. Brigadista incansable na defensa do idioma galego ao usáreno arreo con amable intransixencia, sen prexuízos e sen complexos.  Gañou en 2020 o Pérez Parallé co libro Todos os pasos fan ruído. Manifesta un sentimento de agradecemento para o xurado, para o Concello de Fene para Galicia e para o mundo da literatura e da poesía. Ten colaborado en varios libros comunitarios e colectivos. O Parallé supuxo unha grandísima alegría para Sara Plaza. Os bancos adicados a mulleres escritoras pretenden converterse nunha iniciativa de homenaxe á cultura e á igualdade. 

Na imaxe, Gisele Mato, outra das mulleres que terá banco en 2025 en Fene.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora