ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Once entidades ferrolás do tecido social, solidario ou sanitario solicitaron xa un espazo propio na denominada Casa Solidaria, nas novas instalacións municipais que o Concello de Ferrol está a construir na Avenida de Vigo.
Beatriz Sestayo, concelleira de Benestar Social, anunciou esta mañá que o prazo para tramitar as peticións de locais se amplía ata o vindeiro 31 de xullo, de maneira que aquelas asociacións que carezan dun local propio ou disfruten del en réxime de aluguer aínda poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello, dirixido á Área de Solidariedade. Na solicitude deberá figurar un breve resumo do seu obxecto social. Nembargantes e coa fin de axilizar os trámites, a concelleira explicou que aquelas entidades que teñan rexistrada xa a memoria no Concello e inscrito á entidade no Rexistro de Asociacións, están exentas deste requisito. No caso de que sexan máis as entidades solicitantes que os despachos, a Concellería de Benestar Social celebrará unha xuntanza para decidir entre Concello e entidades que criterios de adxudicación se farán primar.
Tamén anunciou Beatriz Sestayo que as obras de construcción da Casa Solidaria están a piques de rematar, e que tan só resta o pintado interior e a instalación dun xenerador e do mobiliario. Unhas infraestructuras que acollerán tamén a Oficina Municipal de Voluntariado e a Oficina Municipal de Inmigración -actualmente no Edificio Social- e onde as asociacións do tecido solidario da urbe naval terán un lugar onde desenvolver as súas actividades. A Casa Solidaria consta de baixo, seis plantas, terraza practicable e sótano. Por pranta, uns 140 metros cadrados. As obras de construcción, executadas pola empresa Alea, están orzamentadas en algo máis dun millón de euros. Inicialmente proxectada para albergar os servizos sociais municipais, a apertura das dependencias ubicadas en Sánchez Barcáiztegui posibilitaron o cambio de finalidade.