ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Intelixencia Artificial reviviu a Ana Kiro. “Florespiña”, unha canción feita con estes medios logrou ser a terceira clasificada no AI Song Contest 2023, coñecido como a Eurovisión da Intelixencia Artificial no que competiron un cento de composicións. O colaborador de Radio Fene Iago Varela, que é especialista en todas as novidades do mundo dixital, estivo na gala final do certame celebrado a fin de semana pasada na Coruña.
“Impresiona”, o resultado, manifestou Iago. “Máis difícil do que parece, non é premer un botón, comezaron o proceso no mes de abril”. Desde que o modelo creado aprendese falar galego, compoñer en verso, a melodía, crear a voz de Ana…
“Co permiso da familia, que estaba emocionada”. A creación de composicións musicais mediante ferramentas de intelixencia artificial, ou como neste caso, “revivir” a voz dunha persoa xa falecida, provoca dúbidas éticas a algunhas persoas. “Lóxico, é fundamental respectar eses dereitos intelectuais e coidalos escrupulosamente para que resulten do agrado das persas que poidan verse afectadas, neste caso a familia de Ana”, reflexiona Iago Varela. “Os aspectos legais ás veces pensamos que estamos moi verdes, pero non é así, hai moita lexislación que é aplicable”, como a referida aos dereitos de autor.
Galicia semella ben situada no desenvolvemento da Intelixencia Artificial. “Cada vez son máis os centros públicos e privados que están a traballar nos retos que supón a aplicación desta intelixencia para garantir que o seu uso sexa lícito, ético e robusto desde o punto de vista técnico e da seguridade informática”, asegura Iago.
Publica o teu comentario agora