ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A obra da figura máis grande da arte e da literatura en Italia despois da Segunda Guerra Mundial, segundo Susan Sontag, amósase estes dias na Fundación Luís Seoane da Coruña. A exposición acompáñase con proxeccións cinematográficas.
Como colofón á exposición A voz de Pasolini. Primeiros apuntamentos dun ensaísta cinematográfico, proxectaranse seis títulos fundamentais na filmografía de Pier Paolo Pasolini no salón de actos da Fundación Luis Seoane. Este martes, ás 20:00h., terá lugar a proxección de Mamma Roma (1962), película que retrata o mundo da prostitución a través das vivencias de Mamma Roma (Anna Magnani), unha prostituta que intenta escapar dos baixos fondos coa fin de labrar un futuro mellor para o seu fillo adolescente, Ettore. Sen embargo, os esforzos de Mamma Roma veránse tráxicamente frustrados polo contorno social no que ambos os dous están obrigados a desenvolverse.
Pier Paolo Pasolini (Bolonia, 1922-Ostia, 1975), ademáis de ser un dos directores europeos máis importantes do século XX, foi poeta, escritor, artistas, lingüista, periodista... A figura de Pasolini impregnou gran parte da artística da Italia postfascista, actuando moitas veces como espello crítico dunha sociedade que se internaba a través da industrialización nunha práctica feroz do capitalismo, ademáis de ser testemuña dunha etapa especialmente convulsa entre a clase política, a Igrexa Católica e a sociedade civil. Figura controvertida, trasladou a súa visión da vida, da relixión e da política a unha obra que amosaba sen censura tanto aos excluidos como á corrupción da burguesía, establecendo moitas veces paralelismos entre os relatos desenvolvidos noutras épocas e a actualidade. Neste ciclo, o espectador atopará ambos os dous exemplos nas películas escollidas.
A Fundación Luis Seoane (981 216 015) situase na rúa San Francisco s/n da Coruña. A entrada é libre ata completar o aforo.