ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego Ana Miranda critica a candidatura do italiano Raffaele Fitto para vicepresidente de Cohesión e Reformas da Comisión Europea. Foi ministro de Asuntos da UE no Gabinete de Giorgia Meloni. Forma parte do partido ultra-conservador Irmáns de Italia. “Non foi quen de respostar ás preguntas. Non se mollou diante da pregunta acerca do branqueamento do neofascismo", segundo Ana Miranda.
A presidenta da Euro-cámara Roberta Metsola confirmou que o Parlamento votará sobre a próxima comisión o 27 de novembro. O acordo inicial entre populares, socialdemócratas e liberais que contemplaba a designación de Teresa Ribera como vicepresidenta executiva para unha Transición Limpa, está nestes momentos no aire. O PP reclama que a ministra española se comprometa a dimitir se é imputada nun proceso xudicial pola dana de Valencia. Pero a votación será conxunta dos seis candidatos a vicepresidentes da Comisión.
Galicia e a pesca
"Galicia é unha nación altamente dependente da pesca" explica Miranda que defende que "o sector artesanal debe quedar fora das cotas". Para a parlamentaria do grupo dos Verdes, "ten que recoñecerse o importante papel das mulleres no marisqueo. Os fondos da Unión Europea moitas veces provocaron o desmantelamento da flota. Unha boa xestión pesqueira debe incluír o coidado dos océanos e a limpeza das rias".
Ana Miranda agarda que non vaia para adiante o proxecto de celulosa de Altri para Palas de Rei. “Non poden ir fondos europeos para a destrución da natureza, espazos da Rede Natura, a forma de vida de moitas persoas, un turismo sostible para o Camiño de Santiago” afirma. No que atinxe ao xiro da nova PAC, insiste en que "as explotacións agrarias galegas deben incluírse en base á produción e non a partir das hectáreas. Que todo o mundo reciba máis para unha mellor distribución dos fondos para que cheguen á xente que traballa a terra, que coida o gando ou que vende a carne" conclúe.
Publica o teu comentario agora