Ana Pontón: "A dignidade das mulleres non se vende"

Ana Pontón: "A dignidade das mulleres non se vende"
31 de Marzo, 2023 - 09:15 h. | Publicada por Radio Fene

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asiste en Cedeira á presentación da candidata do Bloque, María Xosé Rodríguez Arribe, para as eleccións municipais do 28M. Acto previsto para as oito da tarde no Auditorio municipal de Cedeira. Ponton referiuse á polémica sobre os ventres de aluguer. "A dignidade das mulleres non se vende" indicou en Fene Ana Ponton.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a conversa con Ana Pontón en Radio Fene
http://173.255.131.18/audio/310323PONTON.mp3

Fotografía Xan Xe

Segundo a dirixente nacionalista, os "ventres de aluguer" supoñen unha involución nos dereitos das mulleres e un abuso contra aquelas persoas con menos recursos. O presidente da Xunta Alfonso Rueda recoñeceu non ter un xuizo formado ao respecto a asegurou que lle gostaría escoitar as opinións de diferentes persoas que poidan aportar ao debate.

Ana Pontón participou onte á tarde no Circulo de Perlío na presentación de Juventino Trigo, como cabeza de lista da candidatura do BNG de Fene ás eleccións municipais de maio. Manifestou a súa confianza nuns "resultados históricos" para o Bloque nos comicios locais de maio. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora