Anda Pimpinela!

Anda Pimpinela!
09 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Outro día con vós, deste lado do micro, eu, a Morte, co rostro cuberto coa máscara que xa imaxinarán, quero convidarvos a escoitar o último lance desta peza que escribiu Castelao en 1941.

ESCOITA O PODCAST:

Tras ceibar a luceciña, deseguida chamáronme doutra vila e alá fun. Cheguei á casa de Pimpinela, unha rapaza bonita que tolea cos panos de cores. Vive cos seus pais, que xusto están a falarlle... escoitemos.

Antonio Tizón é o responsable do guión deste podcast que adapta para a radio “Os vellos non deben de namorarse” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A dirección é de Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos.

O grupo Merlín e Familia, que pon as voces aos personaxes deste podcast, está composto polos seguintes actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao. 

O imprescindible equipo técnico o forman Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández. 

Imaxe: Carme Romero (Pimpinela) Fotografia: XanXe

Cultura

Publica o teu comentario agora