Andaina e cea baile solidaria

Andaina e cea baile solidaria
08 de Xuño, 2022 - 01:24 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Por + vida traballa en distintas actividades para o sábado 18 de xuño. Organizan unha cea baile e destinan a súa recadación ao Programa de atención socio-cultural infantil hospitalaria da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia no Hospital de Santiago de Compostela. Cambian a súa camiñada ou andaina que sempre se celebraba un domingo pola mañá. Nesta ocasión sairá ás 17,30 da Casa do Concello de Fene, cun percorrido dunha hora. Ao remate na Praza Ramón Souto haberá sorteos de agasallos e unha actuación musical sorpresa.

ESCOITA O PODCAST:
Andaina e cea baile solidaria contra o cancro

A cea baile comezará o sábado 18 de xuño ás 22 horas no Círculo de Fene. Consistirá nunha churrascada ao prezo de 25 euros. Pódense formalizar as reservas no 676478361. O dúo formado por Humberto e Cuco encargarase da animación musical da velada. A andaina conmemora os 14 anos cumpridos polo programa de educación física contra a fatiga oncolóxica. A presidenta da entidade Laura Cruz e máis a secretaria Mónica Fernández explicaron a preparación das actividades.

Sociedade

Publica o teu comentario agora