Andar con pés de la

Andar con pés de la
19 de Marzo, 2021 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aquí estou de novo. Encargáronme que vos amose o barrio e a iso ando con pes de la e ollos atentos. Estou mirando pola fiestra desde o piso no que vivo no bloque 3. Vívese ben aquí porque non hai moitas escaleiras para chegar ao primeiro piso. Agora andan poñendo os ascensores porque a xente vai cumprindo anos e hai que facilitarlles a vida. Estes non teñen sete vidas…

ESCOITA O PODCAST:

Leo, un gato en San Valentín na voz de Carlos Aguado

http://173.255.131.18/audio/190321GATO.mp3

Leo, un gato en San Valentín. Fotografía: Maite Martinez

Desde a fiestra vexo as torres, altísimas, e vexo pasar a xente, sempre ás mesmas persoas. Aquí todo o mundo se coñece. É unha vantaxe porque sempre podes botar man dos veciños se tes algún problema. Escoito dicir que están moi orgullosos do barrio, de vivir en San Valentín desde hai 50 anos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora