Andar sempre cos temas de cartos

Andar sempre cos temas de cartos
08 de Decembro, 2025 - 12:29 h. | Publicada por Radio Fene

Falar do teu estado de saúde. Dar detalles persoais en exceso. Moito narcisismo.Sacar temas que xeran división sen ter en conta o contexto. Queixarse constantemente. Falar no traballo de xeito negativo sobre alguén en concreto. Monopolizar as conversas. Andar sempre cos temas de cartos. Aconsellar sobre como hai que criar aos fillos. 

ESCOITA O PODCAST:

A psicoloxía di que se mencionas estes nove temas nunha conversación, tes habilidades sociais por baixo da media. Diversos estudos demostraron que as persoas que tenden a falar sobre estes temas denotan falta de confianza, inseguridade e nula capacidade para interpretar o contexto social ou para respectar os límites dos demais. O psicólogo José Barcia Tuccelli falou en Radio Fene das habilidades sociais. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora