ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
....non será certo que te queren facer o casamento co señor Fuco, non?

Si
Pero ti non podes estar cun vellouqueiro, porque tes a alma espiñada por un mozo. E xa sabes que tamén o mozo anda toliño, a contar estrelas polo teu amor.....
Antonio Tizón é o responsable do guión deste podcast que adapta para a radio “Os vellos non deben de namorarse” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A dirección é de Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos.
O grupo Merlín e Familia, que pon as voces aos personaxes deste podcast, está composto polos seguintes actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao.
O imprescindible equipo técnico o forman Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández.
Imaxe: Manolo Bacallau (señor Fuco)
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora